Belén do Campo reúnese co presidente da Confederación Española de Centros de Ensinanza en Galicia

Belén do Campo na reunión co presidente da CECE Galicia
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse hoxe co novo presidente da Confederación Española de Centros de Ensinanza en Galicia (CECE Galicia), Alfonso García Sanmartín, para darlle a benvida no seu cargo na primeira reunión oficial desde que tomou posesión.
O obxectivo principal do encontro foi manter unha primeira toma de contacto no marco da importancia que ten o traballo con todos os axentes que conforman o eido educativo na nosa provincia, así como coñecer de primeira man as necesidades e demandas do colectivo.
A delegada trasladoulle ao representante da entidade a vontade do departamento autonómico de seguir a traballar para dar resposta ás necesidades educativas da provincia, como xa ven ocorrendo ata ao de agora. Neste senso, amosou o seu compromiso de seguir estreitando a colaboración do Goberno galego con este tipo de organizacións para mellorar as condicións de estudo e traballo dos alumnos e mestres.











