Belén do Campo recibe ao delegado de Defensa en Galicia

Belén do Campo na reunión co delegado de Defensa de Galicia
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo hoxe un encontro co delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío José Abad, que deixará o cargo con motivo da súa xubilación. Do Campo aproveitou a xuntanza para agradecerlle o traballo no desempeño da súa labor ao longo dos últimos seis anos, así como a colaboración amosada coa Administración autonómica desde a institución que representa.











