publicidade hoxe

Belén do Campo e o alcalde da Baña analizan a mellora da seguridade viaria na estrada AC-546

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Belén do Campo na reunión co alcalde da Baña

Belén do Campo na reunión co alcalde da Baña

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo esta mañá un encontro co alcalde da Baña, Andrés García, para analizar os proxectos que a Xunta está a desenvolver neste concello e as necesidades actuais. Entre estes temas, abordouse a mellora da seguridade viaria nun tramo da estrada AC-546.

Neste senso, Do Campo, a petición do rexedor, comprometeuse a traballar para solucionar a falta de visibilidade nun tramo desta vía. O responsable municipal incidiu na necesidade de acometer a limpeza do noiro que se atopa no quilómetro 8, ao seu paso pola parroquia de Corneira, que dificulta as manobras dos usuarios. Así, a demanda foi trasladada pola delegada territorial de maneira inmediata á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para darlle solución e diminuír, deste xeito, a perigosidade do tramo tanto para vehículos coma para peóns.

A representante autonómica recordou que o Goberno galego ten como prioridade seguir cumprindo os obxectivos marcados para a mellora da rede viaria, de forma que redunde no incremento da seguridade desta vía en particular e mellore as condicións de desprazamento da poboación, co fin de favorecer un desenvolvemento económico e social que proporcione unha maior calidade de vida aos veciños e veciñas do entorno.

18 de xuño de 2015 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.