Beatriz Mato e o alcalde de Carral abordan asuntos de interese para o concello en materia de benestar
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Carral (A Coruña), Luis Fernández Mouriño, para abordar diferentes asuntos de interese para o concello, principalmente en materia de benestar e de xuventude, así como para escoitar as súas demandas.
No relativo á mocidade, Beatriz Mato comprometeuse a que a casa da xuventude, que abrirá as súas portas proximamente, poida facelo “na mellor situación posible”. Neste sentido, o departamento autonómico colaborará no equipamento do local.