publicidade hoxe

Autos Morán tamén se declara laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, visitou as instalacións de Autos Morán xunto ao directivo, Auditor Rodríguez, para agradecer ao seu xerente, Ángel Morán, a colaboración da firma mindoniense co club desde os seus inicios.

Máis de 75 anos de experiencia avalan a profesionalidade da empresa de autocares fundada por Ángel Morán García, que experimentou coa chegada do século XXI unha grande expansión e diversificación de servizos coa terceira xeración da familia á fronte. Alugueiro de vehículos, autobuses e microbuses, transporte sanitario e vehículos clásicos constitúen a frota de Morán Grupo Empresarial (avenida As San Lucas, 13, 27740, Mondoñedo), forxado como grupo a partir do interese pola satisfacción de necesidades tanto no transporte de viaxeiros como no transporte sanitario.

O confortable e case único en España Neoplan Starliner, autobús no que se desprazan os equipos de Primeira División do CD Burela Pescados Rubén, deixa de manifesto a aposta do grupo pola innovación e a calidade.

29 de xuño de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.