publicidade hoxe

Autolusa tamén pertence á familia laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+
Autolusa tamén é laranxa

Autolusa tamén é laranxa

O secretario do CD Burela FS Pescados Rubén, Antonio Couto, visitou Autolusa en Burela para mostrar o agradecemento do club pola colaboración que o Concesionario Oficial Volkswagen de Lugo ofrece á entidade dende a súa inauguración na localidade mariñá, en xaneiro de 2014. O responsable das instalacións, José María Bodenlle, recibiu de mans do directivo laranxa un agasallo fotográfico da unión da imaxe burelista e Autolusa.

Con sede en Lugo (avenida da Coruña, 386) e Burela (rúa do Perdouro, 28), Autolusa ofrece vehículos da gama Volkswagen e Volkswagen Vehículos Comerciais, ademais dun amplo catálogo de coche de ocasión e todos os servizos de Posvenda para o seu axeitado mantemento: recambios, taller mecánico, eléctrico e de chapa e pintura.

12 de xuño de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.