Augas de Galicia intervén no río Leiro para continuar co mantemento da bacía
O río Leiro, ao seu paso pola Laxe, será obxecto dunha nova actuación de mantemento pro parte de Augas de Galicia. O organismo competente en materia da conservación da rede hidráulica e o seu dominio público ten previsto traballar ao longo de 50 metros do curso, prestando especial atención ás árbores en mal estado.
Augas de Galicia comunicou hoxe ao Concello a actuación que se centra no “apeo de 6 árbores secas e enfermas con risco de caída sobre as instalacións da Fundación Lar”. Para a realización dos traballos, o organismo anuncia que utilizará un camión, un tractor e motoserras.
A subdirección xeral de Programación e Proxectos é o departamento encargado de realizar esta actuación no Río Leiro no marco do contrato do “Servizo de actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección”











