publicidade hoxe

Asínase o contrato para a mellora da capa de rodadura no lugar de Cances Grande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Milagros Lantes, Tenente de Alcalde en funcións en representación do Alcalde en funcións, Evencio Ferrero, así como representantes da empresa adxudicataria Excavaciones Pose SL, con domicilio social en Cabana de Bergantiños, veñen de asinar o contrato administrativo de obras para emprender a “Mellora da capa de rodadura no lugar de Cances Grande, parroquia de Cances”. O importe dos traballos ascende a 157.300 euros (IVE incluído) sobre un prezo de licitación de 189.765 euros. O prazo de execución recollido é de tres meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo.

As melloras afectan ás pistas de todo o lugar, como pode comprobarse na imaxe nun plano de situación dos traballos, e a actuación está incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2015. Para realizar a actuación, empregarase un firme de cemento por tratarse dun lugar de elevada incidencia patrimonial, considerado pola Xunta como “lugar galego”. Trátase da actuación individual máis gravosa do POS e que se realiza porque o lugar xa conta coa dotación de servizos e unha vez mellorado o firme non habería que volver a abrir as vías para realizar novas dotacións no futuro próximo. Hai que mencionar que o POS 2015 ten un importe total de 663.675,60 euros. A cantidade íntegra destinarase a emprender melloras no medio rural para dotar de novos saneamentos que continúen a completar a rede do municipio e para o acondicionamento de vías nas parroquias de Oza, Rus, Ardaña, Artes, Sofán e Entrecruces, ademais de en Cances.

8 de xuño de 2015 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.