publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As piscinas municipais de Carral abren as súas portas este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O concello de Carral abrirá ao público o sábado 13 de xuño as piscinas municipais de Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21 h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, atópanse incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25 m x 12,5 m) e outra do tipo chapoteo infantil.           

Os prezos este ano serán os seguintes:

PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPAIS:

(BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011)

Entrada libre diaria

1,50 €

Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos

1,00 €

Abono individual tempada de verán.

13,00 €

Abono familiar tempada de verán.

22,00 €

Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos

10,00 €

Menores de 3 anos

Gratis

Voluntarios de protección civil.

Entrada individual gratuíta

Aluguer de rúas da piscina.

10 €/rúa/sesión

Aluguer de tumbonas.

1,50 €

Fianza polo cartón de acceso dos socios

3,00 €/cartón

Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.        

Por outra banda, en breve presentarase a programación de actividades deportivas cara o verán 2015, dentro do cal estarán incluídos os cursos de natación entre outras moitas actividades. 

Todos os interesados poderán informarse na Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.67.25.80 ou no mail deportes@concellocarral.com. 

12 de xuño de 2015 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.