As Cancelas implícase coa sustentabilidade coa exposición Planeta Reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As Cancelas mostra estes días unha das súas exposicións máis interesantes, nun ciclo de actividades enfocadas á reciclaxe que durará ata o día 21 de xuño. Os visitantes que se achegaron este fin de semana tiveron a oportunidade de experimentar unha aprendizaxe dinámica, grazas a uns Colectores Interactivos representados nuns clásicos colectores de reciclaxe (verde, amarelo e azul) que inclúen pantallas táctiles nas que, a través dunha aplicación informática, recóllense curiosidades e datos interesantes sobre a reciclaxe.

De igual modo, a planta 1 das Cancelas alberga desde o venres unha Casa Reciclada, na que se recrea unha vivenda común con elementos reciclados que xogan un papel fundamental, tanto no relativo á decoración como ao uso diario.

A exposición complétase cunha mostra de Robots Mariños, instalada na planta 2 e na que cobran vida unha serie de criaturas mariñas creadas con material reciclado. Estas figuras contan con mecanismos que se activan con sensores de movemento, permitindo ao público interactuar con elas.

En paralelo, inauguráronse uns talleres de reciclaxe que continuarán tanto esta semana como a seguinte en horario de 17h a 20h os venres e de 12h a 14h e de 17h a 20h os sábados e que permitirán descubrir novas ideas relacionadas coa reciclaxe a partir de materiais que se poden atopar en calquera fogar.

9 de xuño de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.