Apertura do prazo de inscrición para a “XX Travesía a nado porto da Guarda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Concellería de Deporte do Concello da Guarda, coa colaboración do Club de Remo Robaleira, do Club ALAGUA, a Cofradía de Pescadores Santa Tecla e Río Verde motores forabordas, abre hoxe, mércores día 10 de xuño, o prazo de inscrición para participar na “XX Travesía a Nado Porto da Guarda” que terá lugar o próximo sábado 4 de xullo. Como na edición anterior a Travesía non foi incluída no Circuíto de Augas Abertas polo que a distancia a percorrer é de 400 metros ou de 1.500 metros, segundo a idade do nadador.

Nesta proba poden participar tanto nadadores federados como aqueles que non o estean. A travesía, que está enmarcada dentro dos festexos da XXV Festa da Langosta e da cociña mariñeira, dará comezo ás 18 horas, saíndo os nadadores de menor idade en primeiro lugar.

Todos aqueles interesados en participar poden facer efectiva a súa inscrición, ata o 1 de xullo, mediante a plataforma web: www.reunalia.com/5244519 . As persoas que precisen máis información poden dirixirse directamente ó Concello da Guarda , na dirección de correo deporte@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.

10 de xuño de 2015 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.