Antonio Lomba Baz convértese no novo alcalde da Guarda

Entrega do bastón da alcaldía ao novo rexedor
No pleno extraordinario celebrado hoxe, sábado 13 de xuño, D. Antonio Lomba Baz, do PsdeG-PSOE converteuse no novo alcalde do Concello da Guarda. A Xunta de goberno local quedou constituída por Dna Montserrat Magallanes Álvarez, D. Miguel A. Español Otero, Dna. Teresa Vicente Baz, D. Javier Crespo González e por Dna. Elena Baz Rodríguez, sendo esta última unha nova incorporación.
Na toma de posesión, Antonio Lomba Baz, tras agradecer o apoio recibido nas urnas, comprometeuse a traballar por todos os guardeses e pola Guarda. O novo alcalde afirmou que o Concello “é cousa de todos” polo que invitou ós veciños e veciñas da Guarda a participar na política. Terminou o seu discurso afirmando que para el era unha “honra” pertencer a este Concello.











