Antonio e Alex Diz son presentados oficialmente polo Santiago Futsal

Presentación de Alex e Antonio Diz
As novas incorporacións do Santiago Futsal para a vindeira temporada, Antonio e Alex Diz foron presentados oficialmente esta mañá como xogadores do equipo santiagués. Os irmáns, procedentes de Prone Lugon e formados na canteira lucense, firman por dúas temporadas co Santiago Futsal.
O presidente do Santiago Futsal Ramón García comezou amosando a alegría de presentar como novos xogadores a “dúas grandes promesas do fútbol sala nacional”. Engadíu tamén “Son dous xogadores galegos formados nunha das mellores escolas da Liga, a de Prone Lugo. Despois de valorar moitas ofertas que tiveron de diversos clubes decidiron apostar polo proxecto do Santiago Futsal, decidiron apostar pola nosa cidade, pola nosa aposta pola formación e pola nosa traxectoria na Liga dende fai 13 anos. Nos últimos anos sufrímolos como rivais e agora por fin podemos disfrutar deles como parte do equipo. Ambas partes temos a responsabilidade de estar a altura. Pola nosa banda como clube, temos a responsabilidade de crear un entorno o mellor posible para que eles podan seguir crecendo e se convirtan en grandes xogadores. E eles, a posibilidade de demostrar o seu enorme potencial.”
Antonio Diz fixo referencia á importancia que este paso ten para a súa formación como xogador “Estou moi contento de estar aquí porque Santiago Futsal apostou pola miña formación e é o mellor equipo no que podía continuar esta etapa. Aínda que leve moitos anos en Primeira División, teño 22 anos e teño que dar un pasito cara adiante e este é o mellor sitio para iso.” Antonio tamén falou da forma de traballar do clube da que dixo “coñezo a forma de traballar de Santi e Mon e sei que confían en min ao igual que eu confío en como traballan. Teño claro que hai que traballar duramente nos adestramentos para ir gañando minutos.”
Pola súa banda, Alex comentou que “Santiago Futsal é un club que ten unha forma de traballar que sempre nos gustou. Penso que é o mellor sitio para seguir crecendo e onde podo traballar moito para completar a miña etapa de formación”.











