Antonio e Alex Diz convértense en novos xogadores do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Antonio Diz e Alex Diz convírtense nas dúas novas incorporacións do Santiago Futsal. Os irmáns, procedentes de Prone Lugo, asinaron co conxunto da capital galega e formarán parte do plantel dirixido por Santi Valladares as dúas vindeiras temporadas.

Os irmáns Diz, formados na canteira do conxunto lucense e debutaron na Primeira División con Prone Lugo, son dúas das promesas da Liga de Fútbol Sala Nacional, con 22 e 20 anos, respectivamente.

O técnico, Santi Valladares dixo deles “Ambos xogadores apostaron por vir ao Santiago Futsal, rexeitando ofertas mellores doutros clubs, o que quere dicir que veñen con moita ilusión para afrontar este novo proxecto.”

Particularmente, referíuse a Antonio Diz como “é un pívot zurdo, que xoga ben de espaldas a portería e con moita calidade técnica. O corpo técnico coñecémolo ben porque traballamos con el nas distintas categorías da Selección Galega e sabemos do seu enorme potencial.”

Por outra parte, o técnico do Santiago Futsal dixo de Alex Diz “é un á dereito, armador e con boa visión de xogo. É un xogador novo, con experiencia en Primeira División e aquí esperamos que complete a súa etapa de formación.”

24 de xuño de 2015 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.