Amizade recollerá sinaturas contra o copago confiscatorio
A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e atención ás Persoas en situación de Dependencia (Lei 39/2006) creou un dereito subxectivo que inauguraba unha nova forma de concibir e aplicar as políticas socias, pero que co paso do tempo foi frustrando as expectativas creadas, sobre todo coa regulación da capacidade económica e a participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficiarias: o “COPAGO”.
Consciente de que este Copago en lugar de invitar a exercer o dereito, expulsaba a moitas persoas do sistema (polo gravoso do seus requirimentos en materia de achega económica), o CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), iniciou unha campaña de recollida de sinaturas co obxecto de presentar unha Proposición de Lei e modificar a Lei 39/2006, en materia de participación no curso das prestacións e servizos das persoas beneficiarias.
A Asociación Amizade coincide completamente co plantexamento do CERMI, polo que o xoves día 18 de xuño, na contorna da paza da Peregrina de Pontevedra, procederá a recoller sinaturas que apoien esta iniciativa lexislativa. Amizade anima a todas as persoas a colaborar asinando, achegándose pola nosa mesa informativa entre as 12:00 e as 14:00h.
Concretamente a proposta de modificación son en relación ao artigo 14, no que se solicita que para o cálculo da capacidade económica, ademais da renda e o patrimonio do solicitante, se teña en conta tamén o momento vital de aparición da situación de dependencia e a súa maior ou menor prolongación ao longo da vida da persoa.
En relación ao artigo 33, basicamente se propón aumentar o mínimo exento por debaixo do cal os beneficiarios non terían que copagar, que en ningún caso a participación do beneficiario superará o 60 por cento do custo do servizo, e garantir á persoa beneficiaria unha cantidade mínima para gastos persoais que será do 40 por cento do IPREM correspondente.











