Alumnos do CPI Julia Becerra Malvar visitan as instalacións do Concello de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+
Visita dos estudantes ao Consistorio

Visita dos estudantes ao Consistorio

O Concello de Ribadumia recibiu esta mañá unha visita ás inmediacións do Concello dos alumnos de 4º curso do Programa de Diversificación Curricular (PDC) do CPI Julia Becerra Malvar. A actividade enmárcase dentro do plan de ensinanza do 4º curso, no que  se imparte unha materia sobre o funcionamento interno da Administración Pública Local.

Dentro da visita, os estudantes puideron coñecer cómo funciona o seu Concello e qué é o que teñen facer no caso de presentar algunha solicitude para dar entrada de rexistro na casa consistorial.

Como xa é habitual, a solicitude de instancia que presentaron os estudantes non caeu con sorpresa entre os traballadores do Concello. Esta non é a primeira vez que os mozos piden o cambio de festivo do tinto para o luns seguinte e non no venres -como se fai agora- por ser “máis aproveitable para nós” e poder difrutar do último domingo de festa. 

Unha vez presentadas as solicitudes, xa é traballo da Administración tramitar a peticións dos rapaces do CPI Julia Becerra Malvar. 

Remata o curso escolar 

A Escola de Pais en colaboración co Concello, o colexio e a ANPA, con motivo da clausura do curso escolar, organizaron para hoxe un taller de risoterapia destinado para pais e nais do municipio. A actividade terá lugar no Ximnasio do CPI Julia Becerra Malvar ás 20:30 horas e a entrada é gratuíta. 

Por outro lado, os estudantes do CPI Julia Becerra Malvar que obtiveron os mellores resultados durante o curso académico recibirán mañá un diploma e un trofeo como recoñecemento do seu traballo. Este recoñecemento xa se otorgou o ano pasado, e nesta ocasión son oito os rapaces que mañá serán premiados: dous de 6º de Primaria, un de primeiro, un de segundo, dous de terceiro e dous de cuarto da ESO. 

18 de xuño de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.