publicidade hoxe

Adxudícanse as obras da nova rúa Adolfo Otero Landeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do carballiño procede nestes días a adxudicación da obra para a urbanización da rúa Adolfo Otero Laneiro, que circula dende a rúa Eusebio Lorenzo ata a praza da Veracruz, en concreto ata a rúa Antonio Palacios.

Esta rúa estaba incompleta, xa que non tiña saída ata Antonio Palacios, o actual edil de Obras xunto co alcalde Argimiro Marnotes, levaron a cabo as xestións necesarias para abrir defintivamente a rúa completa, e dar maior servicio os veciños da mesma, quedando una saída directa a praza da Veracruz.

O proxecto contempla a definición do trazadop completo, así como o acondicionamento e mellora dos recorridos peatonais e de circulación rodada, coa conseguinte execución e enlace dos servizos urbanísticos, na citada rúa do núcleo urbano do Carballiño.

As obras actuarán sobre una longitud total de 55 metros, con un trazado recto na rúa Adolfo Otero Landeiro, nun primeiro tramo de 12 metros de anchora total, e 20,6 metros de lonxitude, e o segundo tramo de 7 metros de ancho y 34 metros de lonxitude, completando así a urbanización deste vial. A extensión superficial da zona de actuación será de 461,2  metros cadrados.

En toda a rúa se executarán traballos para a dotación dos servizos de abastecemento de auga, rede de alcantarillado e pluviais, enerxía eléctrica, iluminación pública e telecomunicacións. Procederase a pavimentación do vial mediante beirarrúas de 2 metros de ancho para a circulación peatonal con bordillos de formigón e baldosa hidráulica, e das zonas de circulación rodada mediante aglomerado asfáltico en quente. Completarase a actuación co trazado de pintura vial e as sinais necesarias.

O custe deste proxecto será de 59.933,18 euros, e o seu prazo de execución de tres meses.

Con esta obra facilitase a urbanización completa da zona do entorno da veracruz, e o mesmo tempo se ofrece os veciños desa vía urbana uns accesos máis cómodos e seguros, dotados de todalas medidas pertinentes nunha rúa do centro urbano.

Así mesmo., durante estes días procederase a adxudicación das obras para a reposición de tuberías na rúa Otero Pedraio, e  posiblemente as obras para a creación das beirarrúas de Celso Emilio Ferreiro e a iluminación pública de Veiga. Todos estes proxectos son posibles gracias a xestión económica do actual grupo de goberno, que se saldou cun superavit que lle permite a realización de obras de infraestructuras permanentes.

9 de xuño de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.