publicidade hoxe

Adxudicadas as obras de mellora da capa de rodadura no lugar de Cances Grance

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, vén de aprobar a adxudicación co contrato administrativo de obras para a “Mellora da capa de rodadura no lugar de Cances Grande, parroquia de Cances”, actuación incluídan o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2015. A empresa encargada de realizar os traballos será Excavaciones Pose SL, con enderezo social en Cabana de Bergantiños, por un importe de 157.300 euros (IVE incluído) sobre un prezo del licitación de 189.765 euros.

O prazo de execución recollido é de tres meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo. Tamén no apartado de contratación, a sesión supuxo a aprobación do expediente para o Contrato administrativo de subministro de “Instalación de caldeira de biomasa para a mellora da eficiencia enerxética na piscina municipal Carballo Calero” (na imaxe). O sistema de adxudicación estipulado é o de procedemento aberto con varios criterios de adxudicación con un prezo base de licitación de 299.693,59 euros. Os criterios de adxudicación será a oferta económica, así como a redución no prazo de execución do contrato e o incremento no período de garantía da instalación. Recibiu luz verde, así mesmo, o expediente para o contrato de “Subministro dun vehículo industrial (km.0) con caixa volquete e grúa para Brigada de Obras do Concello de Carballo” a través dun procedemento aberto cun único criterio de adxudicación, centrado na oferta económica máis baixa. O prezo base de licitación é de 54.450 euros.

No apartado de convenios, aprobouse un acordo entre o Concello e as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz para a celebración do XI Torneo de Fútbol 8 Concello de Carballo, que terá lugar os días 13, 14 e 15 de xuño no Campo Municipal de As Eiroas. Está previsto que en próximos días se dea a coñecer o programa completo da cita. Así mesmo, recibiu luz verde un acordo coa conervera Luís Calvo Sanz SA para a celebración do festival “Dando a lata”, un festival que se desenvolverá durante as fins de semana no mes de xullo no marco do Verán Cultural e que ofrece opcións lúdicas e de lecer para todos os públicos con propostas moi variadas que van dende o humor, ata a danza, pasando polo pop-rock, o jazz, a música máis transgresora ou un espectáculo infantil. 

1 de xuño de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.