publicidade hoxe

Actividades lúdicas e culturais para o fin de semana en Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

O vindeiro sábado, ás 20:00 h,  temos na Biblioteca Municipal de Muxía a María Lado e Lucía Aldao co espectáculo “Con dez poemas por barba”. Esta actuación está incluida dentro do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. Mentres, o vindeiro domingo, 21 de xuño, chega a Muxía o concerto “Estamos no verán!”, de Xoan Curiel e Son+d2. Un espectáculo para público familiar e infantil. A actuación será na praza Cabo da Vila, ás 20:30 h. e é unha actuación que pertece ao programa de dinamización lingüística FalaRedes.

19 de xuño de 2015 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.