Acondicionamento do auditorio de San Bieito da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda está realizando diferentes obras e traballos en distintos puntos da localidade para acondicionar as súas instalacións para a época estival. Ademais de limpar as praias ou colocar distintos contedores de recollida selectiva, o Concello traballou no acondicionamento do Auditorio de San Bieito. Cunha máquina de auga a presión, os traballadores municipais, sacaron toda a sucidade que impregnaba as gradas e a zona que fai de escenario.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, xunto co Concelleiro de Vías e Obras, Miguel A. Español, revisaron durante a semana pasada os traballos que xe fixeron no Auditorio. Dende o Concello o que buscan é ter nas mellores condicións todos os espazos e instalacións para que, tanto os veciños e veciñas da localidade, como a multitude de visitantes que chegan A Guarda durante os meses de verán, gocen das actividades programadas e da súa estancia na vila. Durante os próximos días os traballos continuarán en diferentes puntos do municipio.

23 de xuño de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.