Aceptadas todas as solicitudes para a Escola de Ocio e de Tempo Libre de Ribadumia
O Concello de Ribadumia, a través da Concellería de Servizos Sociais, aceptou nesta ocasión todas as solicitudes que se presentaron para a Escola de Ocio deste verán. 79 nenos poderán disfrutar das actividades da escola, e tan só foron rexeitadas dúas solicitudes por falta de documentación en prazo. As actividades comezarán a desenvolverse a partir do luns 29 de xuño, unha semana despois de rematar as clases, en horario de mañá de 8:00 a 14:00 horas nas instalacións da Casa da Cultura de Ribadumia.
A escola adáptase ós horarios dos pais e non é necesario que os nenos acudan as 6 horas diarias, senón que poden arranxarse para deixalos as horas que combinen cos seus horarios.
A Escola de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia, que funciona durante todo o ano, prepara cada ano actividades especiais para os meses de verán: xornadas lúdicas, talleres e xogos organizados polos monitores.
Este programa municipal conta todos os anos con moita participación veciñal durante os meses de verán, xa que os pais atopan unha solución para conciliar os seus horarios coas vacacións dos seus fillos.











