publicidade hoxe

Acebe CCA estrea unha nova campaña de promoción comercial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS ACEBE.CCA iniciará mañá martes 16 de xuño a campaña “CHEGA O VERÁN Ó COMERCIO DE BETANZOS”, unha acción promocional coa que ACEBE CCA pretende premiar a fidelidade dos clientes dos comercios e empresas integradas na asociación ademais de dinamizar e impulsar o tecido comercial e empresarial de Betanzos.

A campaña promocional de ACEBE CCA desenvolverase entre o 16 e o 30 de xuño de 2015 e terá como aliciente o sorteo de 1.500 € repartidos en oito premios. Os comerciantes e empresarios de Betanzos integrados en ACEBE CCA repartirán entre os seus clientes 200.000 boletos cos que participarán directamente no sorteo ante notario que se celebrará o 7 de xullo.

O número gañador e os números de reserva publicaranse tanto na páxina web www.comerciodebetanzos.com como no número de xullo de “Betanzos e a súa comarca”, a publicación mensual de ACEBE CCA. A partir da data do sorteo os premiados deberán poñerse en contacto con ACEBE CCA a través do teléfono (981 77 45 74) ou presencialmente nas oficinas de ACEBE (Praza Mestre Xosé Dapena, 1) para poder reclamar o premio tendo como data tope o 28 de xullo ás 14.00 h.

A campaña de verán 2015 da ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS – ACEBE CCA conta coa colaboración da XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DE BETANZOS e GADISA.

15 de xuño de 2015 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.