Ábrese o prazo de inscripción para a III Carreira Popular de Tomiño
A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalaría e Industria de Tomiño (ADETO) organiza, en colaboración co Concello de Tomiño, a III Carreira Popular de Tomiño que se celebrará o sábado 11 de xullo a partir das 18.30 horas polas rúas do centro urbano. Haberá cinco categorías (pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, cadete, infantil e absoluta). Poderán participar todas as persoas, federadas e non federadas, tendo que inscribirse on-line a través da páxina webwww.adeto.org con prazo ata o vindeiro mércores 8 de xullo.