Ábrese o prazo de inscrición para participar no campamento urbán da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda mañá, 10 de xuño do 2015, o prazo de inscrición para participar nas actividades do campamento de verán. As actividades van dirixidas a nenos e nenas de 3 anos (que cumpran 4 neste ano) a 12 anos, que estean empadroados no Concello da Guarda ou que o pai/nai traballe ou posúa un negocio neste municipio.

Os principais obxectivos destas actividades son: ofrecer unha alternativa lúdica e educativa aos rapaces e rapazas no tempo libre do verán e axudar aos pais e nais a conciliar vida familiar e laboral. O campamento desenvolverase durante todo o mes de xullo de luns a venres de 9 a 14 horas. Esta actividade terá un prezo de 63€ por praza. As actividades se desenvolverán nas instalacións do antigo Colexio Sinde (rúa Puerto Rico).

As solicitudes e as bases de inscrición poderanse recoller na OMIX a partir do día 10 e se poderán entregar ata o próximo día 25 de xullo. Todos aqueles interesados poden obter máis información directamente na oficina da OMIX do Concello, a través da páxina de facebook, na dirección informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 614546.

9 de xuño de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.