publicidade hoxe

Ábrese no Centro Social Cabo de Cruz a “Expo Xullo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O vindeiro 6 de xullo na sala de exposicións do Centro Social de Cabo de Cruz, terá lugar a apertura da exposición “Ao Carón do Mar” de Juan José Farto “Chicho”.

A mostra poderá verse ata finais do mes de xullo.

“Ao carón do mar”

Nacín ao carón do mar e para min foi un íman dende ben cativo.De feito sempre estivo presente na miña vida.

Ben no traballo ou no tempo de lecer os barcos formaban parte do meu dia a dia.

Como non podía ser menos, e sendo de Carril,traballei de mariscador nos viveiros a bordo dunha gamela que logo dou paso a un racú para traballar co bou,trasmallos,vetas, nasas etc.

E nos intres de lecer navegaba en vela latina ou remaba na traíña.

A miña vida profesional seguiu unida ó mar un bo treito, pois embarquei en barcos de pesca e mercantes.

Un cambio por motivos de saúde fixo que toda esa paixón que eu sinto polo mar teña reflexo nas miñas obras, as que lle dedico unha boa parte do meu tempo.

Nesta exposición vai unha pequena mostra deses meus recordos.

30 de xuño de 2015 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.