publicidade hoxe

Aberto o prazo de matricula no Conservatorio Municipal de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Ata o  30  de xuño está aberto o prazo de matricula no Conservatorio Municipal de Monforte   “Mestre Ibáñez”. As especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2015/16 son: piano, guitarra, trompa, violín, clarinete, trompeta, saxofón, percusión-batería, tuba, trombón, preconservatorio. 

Esta última materia, preconservatorio, vai dirixida a nenos/as de entre 6 e 7 anos a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio.

Para os nenos de entre 4 e 5 anos que queiran ter un primeiro contacto coa música, está aberta a inscrición en Música e movemento, materia englobada na oferta da escola de música.

A parte os alumnos terán, segundo especialidade e currículo, unha formación complementaria, dependendo do curso, coas seguintes materia: linguaxe musical, educación vocal e auditiva, harmonía, plano complementario, orquestra – coro, música de cámara, historia da música, análise, informática musical, interpretación e improvisación.

Os alumnos participarán ao largo do ano en audicións e concertos públicos, como obxectivo de formación. O centro dispón de aula multimedia para impartir as novas tecnoloxías aplicadas á música. 

Información e matrícula na Secretaría do conservatorio. Edificio multiusos. Tlf.  982 403893. Horario pola mañá de 10:00 a 13:00 e polas tardes de 17:00 a 19:00.

11 de xuño de 2015 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.