publicidade hoxe

Aberto o prazo de inscrición para o campus de fútbol sala coordinado por Rubén Juanma Marrube

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O II Campus Mixto de Fútbol sala e Fútbol Base de Cangas del Narcea, que se celebrará entre o 20 e o 25 de xullo,  xa abriu o prazo de inscrición. O clínic asturiano, organizado pola Fundación Imdecum e coordinado polo ex–xogador do CD Burela FS Pescados Rubén Juanma Marrube, volve ofrecer unha axenda ampla e variada para non rexeitar.

Todos aqueles mozos de entre 6 e 17 anos que queiran gozar do deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poderán reservar a súa praza ata o mércores 15 de xullo (prazas limitadas). A folla de matrícula estará a disposición das persoas interesadas no Concello de Cangas del Narcea e na sede de Imdecum en Burela (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, Burela). A través do correo campusmixtofutbolsala@gmail.com tamén se ofrecerá toda a información solicitada, así como o formulario de inscrición.

O prezo da matrícula será de 180 € ou 340 € con media pensión ou pensión completa, respectivamente. As familias que apunten a máis dun neno<sent\> terá un 20% de desconto a partir da segunda matrícula e o alumnado da SD Narcea e ED Burela FS terá un 10%.

A organización contempla a posibilidade de habilitar un autobús gratuíto para o desprazamento desde A Mariña no caso de que haxa demanda suficiente.

Regáloche este Campus

Queres darlle unha sorpresa ao teu fillo/a, sobriño/a, neto/a<sent\><sent\><sent\>…? Queres facer un agasallo especial este verán? Cangas del Narcea, SD Narcea e a Fundación Imdecum ofrécenche o detallazo perfecto, o II Campus Mixto de Fútbol sala e Fútbol Base. Xa podes adquirir o cartón ‘Regáloche este Campus’ para<sent\> recibilo no seu domicilio.

17 de xuño de 2015 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.