publicidade hoxe

ABANCA e os Empresarios de Tomiño facilitan o crédito aos emprendedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

ABANCA e a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño (Adeto) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e permite facilitar o crédito a profesionais desta localidade do sur de Galicia. O presidente e a secretaria da Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño, David Vila Magán e María Carmen Moldes González, e o director de zona de ABANCA en no Baixo Miño, Enrique Marticorena Rodelgo, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur da provincia galega.

O convenio facilita que os emprendedores asociados a accedan a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. O documento asinado tamén pon a disposición dos empresarios a comercialización de produtos específicos da entidade como Crediventa ou compras especiais (a través das tarxetas de crédito) para dinamizar a actividade mercantil.

Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenio do ICO, Igape e SGR.

Adeto naceu no ano 2005 e xa agrupa os intereses de case un centenar de autónomos da localidade de Tomiño, que exercen a súa actividade en sectores estratéxicos como o comercio, a hostelería e a industria, entre outros. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

23 de xuño de 2015 | 20:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.