publicidade hoxe

Aarón Artime e Pitero foron galardoados polos Premios En Xogo e A Canteira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Aarón Artime e Pitero

Aarón Artime e Pitero

O burelista infantil Aarón Artime e o cadete Christian Rivas, Pitero, foron galardoados polos Premios En Xogo e A Canteira do xornal El Progreso. Os xogadores da base laranxa recibiron o recoñecemento o venres pasado no Pazo de Deportes de Lugo, entre máis de 70 deportistas e equipos da provincia nas modalidades fútbol, baloncesto, voleibol e fútbol sala como os mellores da tempada

Campión da Copa Provincial

Por outra banda, o Burela FS Pescados Rubén B proclamouse campión da Copa Provincial o sábado pasado en Lugo tras impoñerse na 2-3 na gran final ao Adarve. Ese mesmo resultado outorgoulles o billete  aos laranxas dende semifinais fronte ao ADC Lumieira o venres.

9 de xuño de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.