A Xunta de Goberno de Vilagarcía pon en marcha a licitación da reparación da cuberta do colexio de Carril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión desta mañá poñer en marcha a licitación da segunda fase das obras de substitución da cuberta do colexio Rosalía de Castro, en Carril. Os pregos xa están elaborados e xa se dou orde de enviar invitacións ás empresas a efectos de que os traballos estean completamente rematados antes do inicio do curso en setembro para que `profesores e alumnos inicien as clases coa sinstalacións en perfecto estado e non volvan a sufrir os problemas de humidades e goteiras dos últimos cursos.

Tan pronto como tomou coñecemento esta mañá da concesión da subvención concedida pola Deputación para levar a cabo a demandada reparación, o goberno que preside Alberto Varela dou a orde ao departamento de Contratación de axilizar ao máximo o procedemento. A contratación realizarase polos sistema de negociado sen publicidade, polo que se invita a tres empresas que disporán de prazo ata o 15 de xullo para presentar as súas ofertas. Unha vez avaliadas, adxudicarase o proxecto sin maior dilación para que os traballos poidan comezar de inmediato e conclúan antes de que os cativos volvan ás aulas.

Con esta obra complétase a renovación da totalidade da cuberta do colexio Rosalía de Castro iniciada o pasado ano co arranxo do tellado dos módulos do centro que se atopaban en pero estado e polos que se filtraba auga ás aulas. Esta segunda dase está orzamentada en 92.000 euros que se financian a través dunha axuda da Deputación Provincial.

29 de xuño de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.