A Xunta de Goberno de Ourense delega competencias nos concelleiros do goberno municipal
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá a delegación de competencias nos concelleiros do goberno municipal que a integran. Con este acordo, o goberno municipal pretende fomentar a axilidade, eficacia e operatividade de funcionamiento deste órgano, esencial da estrutura executiva e administrativa do Concello, buscando prestar o mellor servizo á cidadanía.
O acordo outorga con carácter xeral aos concelleiros membros da xunta local competencias en materia de impulsión e trámite de expedientes,contratación menor e resolución de alegacións e recursos, entre outras. Con respecto á anteriormente vixente no Concello, a delegación aprobada esta mañá reforza especialmente as competencias dos concelleiros en materia de trámites administrativos para mellorar a rapidez na resolución de expedientes, que xa non terán que agardar ás sesións semanais da xunta local.
A Xunta de Goberno delega tamén atribucións con carácter específico en cada un dos concelleiros do goberno municipal no exercicio das súas competencias:
Na concelleira María Sofía Godoy Gómez-Franqueira, nas áreas de Asuntos sociais, Sanidade, Muller, Igualdade, Xuventude e Voluntariado
En Francisco González Bouzán, competencias en materia de Portavocía do Goberno, Cultura, Recursos Humanos e Seguridade Cidadá
En Ana María Fernández Morenza competencias en relación ás áreas de Facenda, Fondos Europeos e Comercio
En José Araújo Fernández en relación ás áreas de Infraestruturas, Perímetro Rural, Parques e Xardíns, Medio Ambiente, Servizo Eléctrico, Limpeza e Transporte Público
En Isabel María Castelo Villanueva en relación ás áreas de Turismo e Termalismo, Compras Subministros e Contratación, e Formación Ocupacional as seguintes:
En Jorge Pumar Tesouro en relación ás áreas de Servizos Xerais, Promoción Económica, Sistemas de Información e Cooperación Institucional
En José Mario Guede Fernández en relación á área de Deportes
En María Belén Iglesias Cortés en relación ás áreas de Participación Cidadá e Educación
En José Jesús Cudeiro Mazaira en relación ás áreas de Urbanismo, Xestión e Planeamento.
Este acordo publicarase no Boletín Oficial da Provincia, exporase no taboleiro de anuncios do Concello, e del darase conta ao Pleno da Corporación Municipal.
Comparecencia tras cada sesión
Por outra banda, e para aumentar a transparencia da xestión municipal e a información á cidadanía, voceiros do goberno municipal comparecerán ante os medios de comunicación para dar conta dos asuntos aprobados en cada unha das sesións que celebre a Xunta de Goberno Local.
Bases para a selección dos proxectos formativos da Universidade Popular
Por primeira vez, a Universidade Popular de Ourense aproba unhas bases que rexirán a selección dos proxectos formativos que se incluirán na programación do curso 2015-2016. Así se acordou esta mañá en Xunta de Goberno Local.
A Universidade Popular é un programa municipal que atende cada ano a máis de 3.000 cidadáns e que require dunha selección transparente das actividades que se incluirán no vindeiro curso. En aras desta transparencia, se aprobaron as bases para a selección de proxectos formativos.
A institucionalización dun servizo destas dimensións debe realizarse no ámbito municipal, ao ser administración local a máis cercana á cidadanía, o que permite coñecer a realidade concreta e planificar accións axustadas aos problemas que afectan aos diferentes grupos e sectores da poboación, cuns curricula funcionáis, flexibles e en función dos intereses e necesidades da cidadanía.
Para acadar os obxectivos previstos é preciso contar cunha oferta formativa que resulte atractiva e interesenta para a poboación destinataria. Con tal finalidade a Concelleria de Educación elaborou unhas bases para a selección de proxectos formativos para a Universidade Popular de Ourense no curso 2015-16. Ditas bases responden aos principios de libertade de acceso, publicidade e transparencia, de non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos.











