A Xunta advirte que estará vixiante coa actuación de Audasa para evitar atascos na AP-9

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, advertiu de que desde o Goberno galego estarán “atentos e vixiantes” para que desde Audasa se tomen medidas para evitar que este verán se volvan a producir atascos e retencións nas peaxes da AP-9. Así o sinalou na mañá do luns en declaracións aos medios, onde destacou que esta vía é unha infraestrutura “estratéxica” cuxo “bo funcionamento é fundamental”.

Neste sentido, advertiu de que a calidade do servizo é “unha preocupación constante” para a Xunta, “compartida” co Ministerio de Fomento, e considerou “unha satisfacción” que desde Audasa que aseguren “medidas” para “evitar as retencións” este ano.

Así mesmo, lembrou que ela reclamou “persoalmente” as actuacións necesarias á concesionaria pasada a Semana Santa para asegurar o bo funcionamento da infraestrutura, e asegurou que estarán “vixiantes” para “que se cumpran esas medidas e que non haxa problemas”. A ministra de Fomento, Ana Pastor, xa avanzou o pasado mes de abril que o seu departamento puxo a Audasa sobre a mesa unha listaxe de actuacións para evitar atascos no verán, e reclamou que poña “os medios materiais e humanos adecuados ao tránsito na vía”.

29 de xuño de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.