A Ximnástica resolveu con dúas medallas de bronce o Campionato de Galicia Cadete
Aínda queda moito traballo por facer cos atletas cadetes da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, a maioría están no seu primeiro ano na categoría e iso nótase moito. Pero hai que destacar a mellora de marcas que tiveron no seu Campionato de Galicia, disputado en Pontevedra.
Con 20 atletas pontevedreses que conseguiron clasificarse para este Campionato, as dúas preseas de bronce é un bo botín para o equipo lerezano; Lucía Cardesín ratificou a medalla que conseguira no autonómico de pista cuberta, e levou o bronce nos 600 metros lisos. E en canto aos mozos Marco Martínez levou o outro bronce na proba de salto de altura.
Ata 8 medallas colgáronse os atletas pontevedreses no Provincial XOGADE celebrado en Cangas
O programa XOGADE de atletismo, da Xunta de Galicia, concluíu o pasado fin de semana, co último Campionato Provincial que quedaba, o da categoría benxamín; conxuntamente coas probas combinadas dos alevíns. Os atletas da Sociedade Ximnástica que acudiron conseguiron ata 8 preseas, con 5 ouros, 1 prata e 2 bronces. Jorge Piñeiro venceu nos 50 metros, foi segundo no salto de altura e sumou outro ouro na substitución 4×50, facendo equipo con Brais, Aarón e Hugo.
En mulleres, Carla Rivas gañou o salto de altura e foi bronce no salto de lonxitude; Inés Rodríguez levou outro bronce na marcha. Por último o equipo lerezano fixo dobrete nas probas combinadas da categoría alevín, gañando en mulleres Helena Suárez e en homes André Martínez.
O balance final dos diferentes Campionatos Provinciais XOGADE celebrados, é de 32 medallas, con 15 ouros, 7 pratas e 10 bronces; mesma cantidade que a tempada pasada, aínda que cun ouro máis.
Santi Ferrer Alonso e Sandra Carballo repetiron a medalla de ouro do ano pasado no galego de Combinadas
O CGTD de Pontevedra, acolleu o Campionato de Galicia de Probas Combinadas, con presenza importante da Sociedade Ximnástica e cun cómputo final para os pontevedreses bastante satisfactorio, con 4 medallas de ouro e un bronce.
Sandra Carballo e Santi Ferrer Alonso, reeditaron o triunfo do ano pasado no Campionato Absoluto, impóndose Santi no Decatlon con 6.293 puntos e Sandra no Heptatlon con 4.150 puntos. Alex Solla acompañou a Santi no podio, recollendo a medalla de bronce e con marca persoal, 5.451 puntos.
Francisco Quintas levou outro ouro no Decatlon veterano de maiores de 50 anos con 5.718, marca persoal e Record de Galicia. Jon Alonso foi o último ouro para a Ximnástica, no Decatlon júnior con 3.759 puntos.











