publicidade hoxe

A U.S.C., o Concello de Cospeito e a Asociación Empresarios de Muimenta renovan o convenio de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A U.S.C., o Concello de Cospeito e a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta veñen de renovar o acordo marco de colaboración que mantiñan estas tres entidades desde o 23/04/2.010, logo de que a tres entidades participantes cualificaran de positiva e satisfactoria a crecente relación experimentada durante este período.

O obxecto de este acordo agora renovado (terá vixencia por un período de 5 anos), e que do mesmo xeito que o primeiro, sega a ser o de avanzar no establecemento dun marco de actuación acaído para a colaboración entre U.S.C., Concello de Cospeito e a Asociación de Empresarios de Muimenta, en actividades de promoción tanto do sector primario, como do empresarial, ambiental, cultural ou do patrimonio.

Os campos e as posibles liñas de colaboración contempladas neste acordo conforma un abano moi amplo, aínda que cómpre dicir que ao longo dos últimos anos esta acordo marco entre U.S.C., Concello de Cospeito e os Empresarios de Muimenta tense visibilidade sobre todo na Mostra Exposición Muimenta, así como na Festa da Filloa. 

Unha comisión mixta seguira vixente para facilitar a elaboración de Convenios Específicos e para o seguimento e cumprimento do acordo marco. Estará integrada por representantes das tres entidades: 

– U.S.C. – o Vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e a Vicerreitoría Adxunta de Infraestrucutras e Servizos;

– Concello de Cospeito – o Alcalde-Presidente, Armando Castosa,  e a Concellerías de Feiras, Festexos e Mercados, así como a Concellería de Cultura; e tamén

-Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta – co seu estrenado presidente Orencio Fontela Iglesia, o Presidente de turno da comisión organizadora da MOEXMU (lembramos que son seis comisións que teñen carácter rotatorio) e o actual Xerente da MOEXMU e da Festa da Filloa, José Manuel Rus Rguez. 

2 de xuño de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.