A subdelegación do Goberno rexeita unha petición para reforzar a seguridade en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Cuíña califica a actitude da Subdelegación como “un exercicio de absoluta irresponsabilidade” e responsabiliza directamente ao organismo das consecuencias que esta decisión poida ter para Lalín. Debido á vaga de actos delictivos que se vén producindo no Concello de Lalín nas últimas semanas, o alcalde, Rafael Cuíña, solicitoulle á Subdelegación do Goberno unha reunión coa Xunta de Seguridade Local para tratar de tomar medidas coas que reforzar a seguridade cidadá. A Subdelegación do Goberno desestimou a petición da Alcaldía, alegando que Lalín presenta uns índices de delincuencia normais, que non superan os doutros concellos.

O benestar dos veciños e, polo tanto a súa seguridade, é un aspecto de absoluta prioridade para o goberno que encabeza Rafael Cuíña. Neste senso, o rexedor calificou a actitude da Subdelegación do Goberno como “un exercicio de total irresponsabilidade”, indicando que “os roubos e demais incidentes producidos nos últimos días son motivo máis que suficiente para reforzar a seguridade e tomar medidas en coordinación coa Xunta de Seguridade Local”.

Ante esta situación, Cuíña responsabiliza directamente á Subdelegación do Goberno das consecuencias que esta actitude poida ter para Lalín e para os seus cidadáns.

23 de xuño de 2015 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.