A Sociedade Ximnástica sumou 21 medallas nos Campionatos de Galicia sub23, sub20 e sub18

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Coruña acolleu de forma conxunta os Campionatos de Galicia de tres categorías, Promesa, Júnior e Xuvenil; cun balance máis que satisfactoria para a Sociedade Ximnástica, xa que se igualou o número de medallas cultivadas a tempada pasada con 21, das que 7 foron de ouro, 6 pratas e 8 bronces. Foron un total de 16 atletas da Sociedade Ximnástica os que subiron ao podio, con só unha atleta que sumou tres medallas. O resto, dúas ou unha; cando noutras edicións había máis cantidade de atletas que sumaban, tres, catro ou cinco metais. Un bo sinal para ir abordando as renovacións dos equipos absolutos da Sociedade Ximnástica, que ano tras ano se vai realizando en menor ou maior medida.

A xornada discorreu moi ben ata a chegada dos 200 metros na xornada vespertina, momento no que a cronometraxe eléctrica e obrigando aos Xuíces a utilizar os cronos manuais, arruinando as esperanzas de moitos de facer as mínimas de clasificación para os nacionais, xa que a RFEA non valida a cronometraxe manual, na velocidade, como marca de clasificación.

Ángel Vargas e Inés Martínez; foron os triunfadores do equipo pontevedrés con dous ouros cada un, Ángel venceu nos dobre hectómetros e os 400 metros da categoría Xuvenil masculina; mentres que Inés Martínez fíxoo no salto de altura e o salto con pértega Promesa feminino, con senllas marcas persoais, 1,59 na altura e 3,10 coa pértega.

Os outros tres ouros foron para Alfonso Pérez nos 400 metros Júnior, Emma Ramos no salto con pértega xuvenil e Sergio Paredes no lanzamento de martelo Júnior, que con 60,10 colócase terceiro no ranking nacional da categoría.

As pratas en categoría xuvenil, conseguíronas, Jorge Puig nos 800 metros, con marca persoal de 1.54.67; Andrea Pais nos 200 metros e Emma Casas no triplo salto, que reapareceu despois dunha lesión. Mentres que as mozas promesas sumaron as outras 3 preseas prateadas, Rocío Rodríguez nos 1.500 metros con 4.43.25 e Paula Martín por partida dobre no salto de lonxitude e salto con pértega.

Paula conseguiu ademais outra terceira medalla nos 400 metros valas, cun bronce.

O resto de metais bronceados foron en categoría xuvenil, para Xavier Rodríguez nos 800 metros, Pedro Bastos no lanzamento de martelo e en dúas ocasións Claudia Puig, nos lanzamentos de xavelina e disco.

Para finalizar na categoría júnior, Dario Costas levou un metal no salto de altura, xunto con Eva Salvado nos 400 metros e Verónica Echeverría no lanzamento de xavelina.

8 de xuño de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.