A Sociedade Ximnástica cumpre no Campionato de España e Galego de Montaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A localidade de Esgos, en Ourense, acolleu simultaneamente o Campionato de Galicia e de España de Montaña, unha subida dura a Roca dos Eiraos, á que acudiron numerosos atletas e toda a xeografía nacional. A Sociedade estivo presente con tres dos seus atletas, Iván Docampo colgouse a medalla de bronce no Campionato de Galicia e quedou no posto catorce; Alex Hermelo quedou campión galego na categoría promesa, mentres que no nacional foi terceiro, mágoa que non se entreguen medallas nesta categoría no nacional, xa que sería bronce.

Por último Juan Pazos tamén acompañou a Hermelo no podio autonómico cunha medalla de bronce.

Tres atletas da Sociedade Ximnástica acudiron ao galego de veteranos

A decisión da Federación Galega de mover de data o Campionato de Galicia de Veteranos, a escasos trinta días da competición, trastornou os plans de moitos atletas de poder acudir a este campionato; aínda así no Barco de Valdeorras, estiveron tres pontevedreses que conseguiron cada un deles dous metais.

Alexandre Pazos tróuxose dúas medallas de ouro na categoría de maiores de 35 anos, nas dúas probas de velocidade, 100 e 200 metros, acompañándolle no podio, Carlos Valencia que foi prata no hectómetro e bronce no dobre hectómetro. Francisco Quintáns foi ouro no salto de altura de maiores de 50 anos e prata no salto con pértega.

Moi preto dos Campionatos de España, os atletas da Ximnástica están a ter bos resultados

A finais deste mes comezan os Campionatos de España, as categorías xuvenil e promesa serán nas que haberá lume; polo que os atletas da Sociedade Ximnástica, buscan esa competición que lles achegue ao seu estado de forma óptimo.

En Vigo celebrouse o Trofeo Comesaña, competición que se viu un pouco deslucida pola ausencia de grandes atletas, xa que estaban a competir cos seus equipos nas ligas nacionais. No Estadio Balaídos, Alexandre Solla impúxose no salto de lonxitude, mentres que Carolina Santos gañou os 1.000 metros e Jon Alonso foi terceiro no hectómetro.

En Valencia o junior, Ricardo Gaya saltou en triplo ata os 14,58, que o coloca sexto no ranking nacional da categoría, unha boa presentación de cara ao nacional junior que terá a primeiros de xullo. Outro Junior, Manuel Castellanos, lanzou a xavelina ata os 63 metros e 11 centímetros, meténdose o cuarto do ranking nacional Junior.

Por último en Logroño, Mario Álvarez salto 7,12 no salto de lonxitude.

16 de xuño de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.