publicidade hoxe

A Policía Local de Brión imparte seguridade viaria aos meniños da escola infantil municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Clase de seguridade viaria aos cativos de Brión

Clase de seguridade viaria aos cativos de Brión

Un total de 52 meniños e meniñas da escola infantil municipal de Brión recibiron esta mañá unhas nocións de seguridade viaria da man do xefe da Policía Local brionesa, Marcos Delgado. Unha iniciativa que se celebra por segundo ano consecutivo e diante da boa acollida dos pequenos, polo que xa se converteu nunha cita anual.

Aproveitando o bo tempo, a clase tivo lugar no aparcamento da gardería, onde o xefe da Policía Local de Brión lles explicou o traballo que realiza un Policía Local e lles ensinou o material do que dispón para elo, dende o coche de Policía ata os dispositivos de sinalización dos accidentes (medidores, conos de tráfico, etc) ou o botiquín de primeiros auxilios, que algúns dos pequenos se achegaron a comprobar. Os máis pequenos, de apenas un ano, disfrutaron especialmente do momento no que se prenderon as luces e a serea do coche policial.

Marcos Delgado tamén aproveitou para repasar cos pequenos algúns conceptos de seguridade viaria, dende como cruzar a rúa ata as cadeiras especiais para os desprazamentos en coche. Así mesmo, os meniños amosaron tamén o coñecemento que teñen dos sinais de tráfico máis importantes: semáforos, paso de peóns… 

4 de xuño de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.