publicidade hoxe

A piscina municipal de Fene permanecerá este martes pechada por mor das obras de acondicionamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene informa aos usuarios e usuarias da piscina municipal que, por mor das obras de acondicionamento, estas instalacións deportivas permanecerán pechadas durante toda a xornada do martes, 2 de xuño. En concreto, a Administración local levará a cabo traballos para a modificación da canalización de gas. A piscina recuperará o mércores os seus horarios habituais de actividade. En todo caso, o Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración cidadá.

1 de xuño de 2015 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.