A Peña Ciclista Amigos de Santiago de Ávila realiza a tradicional ciclomarcha a Compostela

Noa Morales coa peña ciclista
A concelleira de Deporte, Noa Morales, recibe no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír a XXVIII edición da súa ciclomarcha a Compostela.
A chegada deste grupo de ciclistas a Santiago xa se ten convertido nunha tradición nestas datas. Nesta ocasión, a comitiva estivo formada por 16 ciclistas e dous condutores, que partiron de Ávila o 20 de xuño para realizar as oito etapas do percorrido. A última, realizada este 23 de xuño, transcorreu entre Portomarín e Santiago.











