A parroquia de Mos prepárase para festexar o San Xoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O vindeiro martes día 23, a partires das 22:00 h. ó carón do Pazo de Mos, a Asociación de Veciños Sta. Baia e o Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia, terán todo a punto para que tanto veciños como visitantes teñan a súa disposición churrasco, chourizos e viño da casa que se poderán degustar na noite máis longa do ano, e todo elo ó son da música dos gaiteiros do Círculo Cultural e de cantos se atrevan a tocar, bailar e cantar ó redor dunha grande cacharela. O remate de festa contará coa elaboración dunha queimada onde, cómo de costume, se fará un esconxuro para invocar as forzas da terra e do máis alá para que nos protexan e nos afasten dos demos ou malos espíritos. Dende a organización agradecen tamén a colaboración da Comunidade de Montes para poder levar adiante esta iniciativa. 

20 de xuño de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.