A oficina de información turística do porto da Guarda xa atende aos visitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Oficina de turismo da Guarda

Oficina de turismo da Guarda

A oficina municipal de información turística situada no porto do Concello da Guarda xa atende ós visitantes que chegan á localidade. Dende hoxe mesmo, todas as persoas interesadas en recoller información sobre os lugares que visitar na Guarda, as súas festas e/ou a súa gastronomía poderán acudir en horario de 11 a 14 horas pola mañá e de 16,30 a 19,30 horas polas tardes, de martes a domingo.

Ademais nesta caseta, ás persoas que así o demanden, se lles informará sobre como chegar a outras localidades tanto galegas como portuguesas, e o que facer nas mesmas. Da man da bolseira de Deputación de Pontevedra, Eva Iglesias, esta oficina de turismo permanecerá aberta durante todo o verán.

19 de xuño de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.