publicidade hoxe

A nova corporación de Cervo constituirase en sesión pública mañá sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo informa de que mañá sábado a partir das 12 h. na Casa Consistorial terá lugar o pleno para constituír a nova corporación. Un acto no que se fará efectiva a proclamación dos concelleiros electos e a constitución do novo Concello segundo os resultados das eleccións municipais celebradas o pasado 24 de maio.

Desta maneira, os novos edís xurarán ou prometerán o seu cargo e asumirán as obrigas que lles confire a lei. Ademais, elixirase ao alcalde por votación, será proclamado e recibirá o bastón de mando. No caso do Concello de Cervo, tomarán posesión os 11 edís que conforman a corporación, repartidos da seguinte maneira: 7 edís do PP, 3 do PSOE e 1 do BNG. 

Unha sesión que será pública, polo que o goberno en funcións convida a toda a veciñanza a asistir, destacando que se trata dun acto “que  marcará o comezo dun novo período de catro anos nos que traballar todos xuntos con responsabilidade, seriedade e ilusión”. 

12 de xuño de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.