publicidade hoxe

A néboa obriga a cortar de novo a autovía A-8 ao seu paso por Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+
Europa Press

A visibilidade reducida a causa da néboa mantén cortada de novo dende a tarde do domingo a Autovía do Cantábrico, A-8, ao seu paso polo termo municipal de Mondoñedo (Lugo). Segundo informaron fontes da Dirección Xeral de Tráfico (DGT), o corte mantense dende as 19,50 horas do domingo 14 de xuño entre os quilómetros 534 e 552 da a-8.

Debido ao corte da autovía entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín a circulación foi desviada pola estrada N-634 nese tramo pola visibilidade reducida a causa da néboa. O tramo desta autovía que une Mondoñedo e Abadín provocou diversos problemas pola formación de néboas, como un accidente múltiple en xullo do ano pasado que se cobrou a vida dunha persoa.

15 de xuño de 2015 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.