A humanización de Gerona conta cun cargador de dispositivos electrónicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na visita á humanización da rúa Gerona

Caballero na visita á humanización da rúa Gerona

Caballero inspeccionou esta martes a humanización do primeira fase de Gerona -desde Gran Vía a Alfonso X el Sabio-, na que se investiron 350.000 euros. Esta rúa está dotada dun sistema de eficiencia enerxética e un cargador para dispositivos electrónicos.

O alcalde vigués definíu esta reforma de “exemplar e moderna”, xa que combina amplas beirarrúas -que agradece o comercio local- coa renovación das canalizacións de abastecemento e saneamento e a incorporación de novas redes de pluviais, dun sistema de rego separativo e de infraestruturas para redes soterradas de telecomunicacións e de instalación eléctrica.

Ademais, a primeira fase da humanización da rúa Gerona, que supuxo un investimento de 350.000 euros, inclúe como “novidade” un cargador de dispositivos electrónicos, segundo resaltou Abel Caballero. O rexedor, quen tamén salientou que o vial ten agora luminarias LED de alta eficiencia, avanzou que o goberno que preside acometerá a segunda fase da humanización de Gerona.

23 de xuño de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.