A Fundación imparte clases gratuítas de ximnasia, aerobic, badminton e ioga durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O curso deportivo está a piques de rematar, por iso a Fundación de Deportes ten organizadas xa as actividades para adultos que impartirá durante os meses de verán. Ofértanse as modalidades de aerobic, bádminton e ioga, que se impartirán en Fexdega; e ximnasia de mantemento, que se realizará na Praia de Compostela. A participación é de balde e non faio falta inscribirse.

As actividades deportivas de verán para adultos desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. As clases de ximnasia de mantemento terán lugar na praia os luns e venres en horario de 9 a 10 e de 10 a 11 horas.

O recinto multiusos de Fexdega será o lugar onde se celebren as outras tres modalidades deportivas. Bádminton impartirase os martes e xoves de 9 a 10 horas e aerobic, tamén os martes e xoves, pero de 11 a 12 horas. Por último, as sesións de ioga terán dobre turno os luns e os mércores, con clases de 9 a 10 e de 10 a 11.

A Fundación Municipal de Deportes ten como obxectivo promover a práctica deportiva de todo tipo tanto a nivel competitivo e federado, coma como hábito saudable e de mellora da calidade de vida das persoas de todas as idades.
S actividades de adultos están dirixidas a persoas de 16 anos en diante.

Tamén para nenos e nenas

Aparte, a Fundación tamén oferta as Escolas Multideportivas de Verán e patinaxe para nenos e nenas de entre 6 e 15 anos. O prazo de inscrición para estas xa está aberto realizarse nas oficinas da Fundación (Fexdega) entre o 8 e o 26 de xuño. O custe por asistir a unha ou ás dúas actividades é de 12 euros por un mes e 18 polos dous.

9 de xuño de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.