A Fundación concede 80.000 euros en axudas directas aos clubs e outros 15.000 á organización de eventos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O consello reitor da Fundación de Deportes acordou este xoves, na súa última reunión do mandato, conceder 79.676,30 euros en concepto de axudas directas ás 27 entidades que cumpriron cos requisitos esixidos na convocatoria de 2015. Os cálculos se fixeron de acordo cun baremo no que cada punto equivale a 32,05 euros. Deste xeito, o BBC será o que máis reciba e o club de esgrima, o que menos, con 9.262 e 320 euros respectivamente.

Catro entidades quedarán este ano sen axuda directa: o Club Baloncesto Doce, o Club de Tenis O Rial e o Moto Club Squem por presentar a documentación fóra de prazo e o Atenas Running VDA porque nin siquera chegou a presentar os xustificantes requeridos.

Deste xeito, a distribución deses case 80.000 euros de axudas directas quedou así:

BASKET BASE CLUB: 9.262,45 euros.
CLUB BALONCESTO VILAGARCÍA: 7.307,40.
CLUB AROSA, S.C.: 7.147,15.
CLUB OLIMPIC VILAGARCÍA: 6.762,55.
CLUB XADREZ FONTECARMOA: 6.538,20.
AGRUPACIÓN DEPORTIVA CORTEGADA: 5.512,60.
CLUB KENPO VILAGARCÍA: 4.326,75.
CLUB VILAGARCÍA, S.D.: 4.262,65.
ESCOLA DEPORTIVA DE AROUSA, S.D.: 3.621,65.
OS INGLESES RUGBY CLUB: 3.333,20.
CLUB SAN MARTÍN: 3.301,15.
CLUB DE REMO VILAXOÁN: 3.108,85.
AGRUPACIÓN ATLÉTICA MAZÍ: 2.275,55.
CLUB DEPORTIVO SALVAMENTO VILAGARCÍA: 1.698,65.
CLUB POLIDEPORTIVO C.P.C. EDUCACIÓN ESPECIAL: 1.602,50.
FORTUNA CLUB DE FÚTBOL: 1.506,35.
ASOCIACIÓN DEPORTIVA AROUSA FÚTBOL 7: 1.442,25.
CLUB ATLÉTICO AROUSANA: 1.346,10.
CLUB NATACIÓN VILAGARCÍA, S.D: 1.089,70.
CLUB DEPORTIVO BAMIO: 865,35.
CLUB ATLÉTICO FAXILDE C.F: 769,20.
ESCOLA DE FÚTBOL SALA SALNÉS: 673,05.
CLUB DEPORTIVO PÉREZ SUB: 544,85.
CLUB BUCEO VILAGARCÍA: 384,60.
CLUB CICLISTA XIABRE: 352,55.
CLUB CICLISTA B.T.T. VILAGARCÍA: 320,50.
ASOCIACIÓN DEPORTIVA CULTURAL VILAGARCÍA ESGRIMA: 320,50.

ORGANIZACIÓN DE EVENTOS
Por outra banda, e na mesma sesión, a consello reitor da Fundación resolveu tamén a concesión das axudas á organización de eventos. En total foron cinco os merecentes da subvención, distribuíndo os 15.000 euros previstos así:

Arousa f7, 6.000 euros.
Vilagarcía Basket Cup, 4.250.
Memorial Miguel Ángel Glez. Estévez de baloncesto, 2.500.
Torneo Cidade de Vilagarcía f8, 2.000.
XIX Marcha Cicloturística Xiabre, 250.

6 de xuño de 2015 | 12:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.