A Fundación anima aos cativos a participar nas actividades deportivas de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O rapaces de 6 a 14 anos terán a oportunidade de aproveitar o verán para iniciarse no deporte ou continuar practicándoo a través das actividades que programa para eles a Fundación Municipal. A escola Multideportiva de verán e a actividade de patinaxe en liña desenvolveranse durante as mañás dos meses de xullo e agosto na praia e en pavillóns, respectivamente. O custe po asistir a unha ou ás dúas actividades é de 12 euros por un mes e 18 polos dous. A inscrición debe realizarse nas oficinas da Fundación (Fexdega) entre o 8 e o 26 de xuño.

As Escolas Multideportivas de verán e as a actividade de patinaxe en liña dan continuidade ao programa de deporte para nenos e nenas que desenvolve ao longo do curso escolar a Fundación de Deportes co obxecto de promover a práctica de actividade física e os hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil, así como para facilitarlles un primeiro contacto cos diversas modalidades deportivas a efectos de que poidan elixir entre a que máis lle guste. A programación de verán está destinada a nenos e nenas nados entre os anos 2001 ao 2008.

As actividades que se impartirán na Escola Multideportiva de Verán inclúen xogos de iniciación a deportes que se poden practicar na praia,como fútbol, baloncesto, baseball ou volei. Tamén se realizarán xogos con material alternativo como pode ser freesbes ou indiakas e xogos cooperativos con paracaídas. Aproveitando o mar, tamén se practicarán xogos acuáticos con porterías e canastras, ademais de impartir sesións de iniciación ao piragüismo.

Todas estas actividades desenvolveranse nas praia da concha Compostela de luns a venres en horario de mañá. Serán dous días á semana e con sesións de hora e media de duración cada día. Técnicos deportivos da Fundación dirixirán e supervisarán a práctica das actividades.

As sesións de patinaxe en liña levaranse a cabo nas pistas do pavillón de deportes do colexio Arealonga e de Fxdega. Serán un día á semana e tamén cunha duración por sesión de hora e media.

5 de xuño de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.