A Festa Infantil das Festas da Rosa posponse para o luns 15 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Dende a concellería de Cultura de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase de que por motivos climatolóxicos o Concello viuse na obriga de pospoñer a festa infantil programada para mañá sábado 13 de xuño, ó luns día 15, que é festivo local.

Polo tanto, comunícase que a Festa Infantil Diverte Mos organizada con motivo das Festas da Rosa 2015, emprázase para o vindeiro luns, día 15 de xuño, no Parque de Sanguiñeda, con horario de tarde de 17.00 horas a 20.30 horas. 

A entrada será de balde para tódolos cativos asistentes e as súas familias. O fin de festa realizarase ca Festa da Espuma que tanto lles gusta a todos os nenos e nenas.

12 de xuño de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.