publicidade hoxe

A escola infantil de Xove participa nunhas xornadas de seguridade vial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Xornada de seguridade vial

Xornada de seguridade vial

Os nenos/as da Escola Infantil de Xove están participando durante esta semana nunhas XORNADAS DE SEGURIDADE VIAL, actividade que repiten normalmente cada final de Curso. Deste xeito, durante toda a semana, xunto coas súas monitoras,  estan a realizar distintos tipos de actividades relacionadas con este tema.

Dentro das actividades previstas, salientamos as realizadas hoxe pola mañá no Pavillón Municipal de Deportes. Acompañados polas súas monitoras, e tamén por moitos dos pais, tódolos nenos/as da Escola tiveron a oportunidade de ver o camión de bombeiros do Concello e un coche da patrulla da garda civil do Cuartel de Xove, ambos atendidos por persoal especializado. O que máis lles gustou, sen dúbida, foi tocar os clasons de ámbolos vehículos. (ADXUNTO FOTOGRAFÍAS DESTA ACTIVIDADE).

As xornadas van continuar mañá xoves na Escola, concretamente no patio de recreo, onde se vai montar un circuíto con sinais, para o cal cada neno/a deberá traer o seu propio vehículo (coche, moto, triciclo) para facer o percorrido.

Ademáis disto, durante a semana traballaron en conceptos com sinais, semáforos, pasos de pións, medios de transporte,….

17 de xuño de 2015 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.